Posted 4 years ago

Flora de Islandia

Moitas das especies que compoñen a flora islandesa son habituais en calquera parte da Europa atlántica, como Galicia. Por exemplo, é moi frecuente a herba de namorar (Armeria maritima), só que aquí medra enriba da lava, en vez de no mar. Nas terras baixas predomina a pradeira, onde pacen moitos miles de ovellas. En zonas húmidas é moi común este algodón silvestre (Eriophorum angustifolium):

Non se conserva ningunha masa forestal autóctona e o enorme número de ovellas impide a súa recuperación natural. Os poucos bosques que hai son de recente reforestación, con moitas especies importadas de outros países nórdicos. No bosque de Hallormsstaður, o mais grande de Islandia, medraba por todas partes a cola de cabalo, unha planta habitual en todo o pais:

Nas zonas frías e nos campos de lava dominan os musgos, acompañados dalgunha herba e liques:

Sobre as escorias volcánicas ou pedreiras medran poucas especies, como a singular Silene acaulis:

Posted 4 years ago

Salvaxe noroeste

5 de agosto de 2010

Hoxe tivemos que percorrer mais de 100 km por unha estrada sen asfaltar para chegar ata Isafjördur, a cidade mais importante dos fiordos do noroeste islandés. Este tipo de vias forman parte da rede principal do pais e no verán se pode circular por elas con un turismo normal, pero en algúns tramos o firme está en mal estado. Ainda que o límite de velocidade é de 80 km/h, sen un 4x4 é dificil e perigoso pasar de 50 km/h.

A paisaxe é moi bonita, con impresionantes vistas dos fiordos nun entorno prácticamente deshabitado.

Paramos a comer nesta fervenza que salva a caida ata o mar en varios escalóns.

Posted 4 years ago

A fisterra islandesa

4 de agosto de 2010

No barranco de Surtarbrandsgil están algunhas das rochas mais antigas de Islandia, que son moi xóvenes comparadas coa idade habitual das rochas en Europa. Entre as capas de lava procedentes de distintas erupcións quedaron atrapados restos vexetais de bosques de fai 11 millóns de anos. Hoxe podemos ver fósiles variados, como anacos de troncos ou follas de ameneiro:

Para chegar a Látrabjarg, a punta mais occidental de Islandia, fixemos sufrir ao coche por unha estrada sen asfaltar 42 km de ida e outros tantos de volta. O sacrificio mecánico permitiunos disfrutar moi de preto (a menos de 1 metro) dos simpáticos frailecillos. Son aves moi confiadas que non se asustan en absoluto coa presencia humana. Como hai millóns deles e son moi fáciles de cazar, forman parte da gastronomía islandesa e aparecen na carta dalgún restaurante.

Nestes acantilados tamén había moitos araos coas súas crias:

E conseguimos ver as primeiras focas desta viaxe:

Posted 4 years ago

Rumbo aos fiordos do noroeste

3 de agosto de 2010

Desde o porto de Stykkishólmur tomamos o ferry que cruza Breiðafjörður, que significa “fiordo ancho”, co que aforramos moitos km de estrada sen asfaltar. Stykkishólmur é un pobo mariñeiro típico de Islandia, con algunhas casas de madeira arredor do porto pintadas de cores variados.

As tres horas de viaxe en barco foron tranquilas, pasamos o tempo na cuberta mirando e fotografiando paxaros. Neste fiordo de mais de 40 km de anchura hai unha miríada de illas e illotes deshabitados que son un paraíso para as aves mariñas.

Posted 4 years ago

(Frustrada) Viaxe ao centro da Terra

2 de agosto de 2010

Estamos na península de Snæfellsness, onde se atopa o volcán Snæfellsjökull, o que Jules Verne considerou o punto de entrada en “Viaxe ao centro da Terra”. Lamentablemente o dia estivo chuvioso e con nubes que cubrían as montañas mais altas, o que nos impediu ver o volcán e o glaciar que o recubre, que están detrás do monte que se ve nesta foto.

Fixemos un percorrido polos acantilados da costa, cheos de cormoráns, gaivotas e charráns árticos.

Estes acantilados son moi afamados polas formacións rochosas que se poden ver:

Posted 4 years ago

De volta en Landmannalaugar

1 de agosto de 2010

Landmannalaugar foi o punto de inicio da ruta de 4 dias que fixemos ata Þórsmörk. Como é unha das mellores zonas deste país para facer senderismo decidimos voltar e pasar dous días alí para coñecer un pouco mais o entorno.
Subimos o primeiro día á cima da montaña negra de Bláhnúkur, desde onde se pode ver o campamento de Landmannalaugar e á sua esquerda o enorme campo de lava das erupcións de fai 500 anos.

Logo do paseo nos bañamos na estupenda poza de auga quente que brota ao pé do campo de lava.

A ruta do dia seguinte levounos por unha zona de rios, lagos, campos de lava e cráteres volcánicos.

O noso destino era o enorme e colorido cráter de Ljótipollur que ten un lago no interior.

Posted 4 years ago

Þingvellir, Strokkur e Gullfoss

29 de xullo de 2010

O Parque Nacional de Þingvellir é o lugar de maior interese histórico de Islandia, ademais de ter grande importancia xeolóxica. No ano 930 os vikingos que colonizaron Islandia estableceron aquí o primeiro parlamento democrático do mundo, o Alþing. Facíase unha reunión anual no verán que duraba un par de semanas, na que se discutían leis e se celebraban xuízos, e se trataban outros asuntos importantes.
Xeoloxicamente se caracteriza por ser un “rift”, un lugar onde a cortiza terrestre se estira ata que rompe dando lugar a numerosas fisuras e gretas.

A uns quilómetros desta zona se pode presenciar un dos fenómenos xeolóxicos mais espectaculares. Un geiser se produce cando a base dun pozo natural de auga está formada por pedra moi quente, o que vai quentando a auga do fondo ata que se convirte subitamente en vapor e sae cara a superficie empuxando toda a auga que está enriba de el. A palabra islandesa geysir significa “surtidor”, e con ela se denomina este fenómeno en todo o mundo.

O primeiro do que se tivo noticia é o vello Geysir, que entrou en erupción no século XIII, e expulsaba un chorro de uns 80 metros de altura. Pero como era bastante irregular, a xente botáballe pedras e xabón para provocar a erupción, polo que foi perdendo forza ata que se apagou no século XX. Hoxendia é un grande cráter cheo de auga fervendo que todavía bota vapor e erupciona de vez en cando alcanzando pouca altura.

A escasos metros do vello Geysir está Strokkur, que cada 5 minutos aproximadamente expulsa unha columna de auga e vapor a 20 ou 30 metros de altura, sendo así o geiser mais frecuente e regular do mundo e un dos mais altos. En ocasións, incluso erupciona dúas ou tres veces seguidas.

Acabamos o día con outro espectáculo natural. Despois de ter visto moitas fervenzas neste pais e en outros, Gullfoss é a primeira á que lle podemos chamar catarata, pola enorme cantidade de auga que cae por ela en cada instante.